quarta-feira, janeiro 30, 2008

Combat Noise Streetwear e Deskarga Furtiva presentan o que sen dúbida vai ser o concerto do ano en Galiza…

UK SUBS (punk-rock dende UK)
THE VIBRATORS (punk-rock dende UK)
TOTAL CHAOS (punk-rock dende USA)
SKACHA (punk-rock dende GZ)
SKARMENTO (punk-rock dende GZ)

Día: Sábado 2 de febreiro de 2008
Lugar: Sala Zona (Bueu)
Hora: 21:00
Prezo: 16 eur. (anticipada) & 20 eur. (taquilla)
Puntos de venta anticipada: Honky Tonk & Monkey Bone (Vigo), Discos Gong & Bar-Tolo (Compostela), A Cova da Laxe (Cangas), Zappa (Bueu) e Barriga Verde Café (Lalín).

Máis información: 617267413 (Suso) & 615248074 (Ángel)

Por unha banda, os ingleses UK Subs e The Vibrators seguen co que nos últimos anos se convertiu nunca xira conxunta case mítica.

UK Subs
Foron uns dos referentes do movemento punk-rock dende mediados dos 70 en Inglaterra. Animadas e eléctricas cancións cun claro compoñente político nas súas letras. Liderados polo cantante Charlie Harper (que xa cegaba da banda de rock´n´roll Marauders) os UK Subs formáronse en 1976, logo de que Harper asistira a un concerto de The Damned. Os seus primeiros ensaios foron na perruquería do sur de Londres na que Harper traballaba. Rápidamente convertiríanse nuns clásicos do Roxy e grabaron varias sesións con John Peel para a BBC. Os UK Subs non abandoaron a súa carreira nestes más de trinta anos, deixando tras de si álbumes gloriosos como “Another kind of blues”, “Brand new age” ou “Flood of lives”, e singles inesquecibles como “Stranglehold” ou “Tomorrow´s girls”. UK Subs sonserva a súa formación case intacta con Charlie Harper (voz), Alvin Gibbs (baixo) e Nick Garret (guitarra).

The Vibrators
Esta banda británica nace no ano 1976 formada por Ian Carnochan “Knox” como cantante e guitarrista, John Ellis (guitarra), Pat Collier (baixo) e Eddie (batería). A banda comezou a destacar teloneando aos Sex Pistols e Stranglers que nese intre eran as cabezas visibles do movemento punk inglés.
O seu debut chegou con “Pure Mania” (1977), o LP máis laureado da súa carreira que estaba cheo de ritos pegadizos con temas como “Yeah Yeah Yeah”, “No heart” ou “I need a slave”. Logo chegaría “V2” (1978) que co single “Automatic lover” seguía demostrando a calidade desta banda.
A incapacidade á hora de conseguir unha formación estable levounos a perder esa forza que os caracterizaba e pouco despois separaronse para voltar nos anos 80 e grabar novos discos e seguir en activo ata a actualidade.

Total Chaos
Total Chaos nace no ano 1989 en Pomona Valley, California. Como eles mesmos declaran, a banda formouse polo necesidade de revitalizar o punk-rock que estaba a ser esquecido por mor do nacemento de estilos modernos que o afogaban e pola necesidade de facer unha crítica social que estaba a ser esquecida. O seu estilo recorda ás bandas inglesas da chamada segunda corrente do punk (Exploited, Conflict, Discharge, GBH ou Varukers). Herdeiros do punk máis acelerado e con sete discos ás súas costas e cunha carreira que os levou durante estos 18 anos a percorrer todo o mundo, Total Chaos chega cun novo disco “Avoid all sides” e cunha nova xira europea.

Skacha
Falar de Skacha é falar sen dúbida da banda galega de punk-rock máis importante dos últimos anos. Nados a primeiros dos 90 en Vigo, estos rapaces xa saben o que é tocar con grandes bandas, percorrer en furgoneta a meirande parte da xeografía estatal e editar discos en toda Europa. Logo de publicar “A ferro e lume” (2006), Skacha segue a compoñer novos temas e mirando ao futuro con máis gañas que nunca. Nestes anos de rodaxe, númerosos concertos en Galiza, Euskadi, Catalunya.. dan boa fe da sua experiencia, contundencia e furia no esceario, tanto a nivel de grandes festivais, como en locais de pequeno aforo. Apoiando sempre a festa, sen esquecerse de denunciar as inxustizas sociais. Hoxe seguen expresando e transmitindo a sinceira raiba do PUNK-ROCK.

Skarmento
A banda máis nova deste festival pero con preto de oito anos de carreira é Skarmento. Chegan dende Donramiro (Lalín) e compaxinan actuacións coa grabación do seu terceiro disco. Acaban de chegar de Alemaña dunha xira de nove concertos que pechou un gran ano e que os fai mirar para o 2008 con grandes esperanzas de seguir percorrendo o mundo. Punk-rock con actitude e gañas de armala é o que podes atopar nos concertos de Skarmento.

Etiquetas:

Rock das Cadeias
Get your own Box.net widget and share anywhere!